Ao sermos seleccionados no proxecto "Biblioteca creativa", a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dotou ao centro de varios "escornabots". Pero había unha cuestión, e é que estes escornabots estaban sen montar.
Por iso precisamos da axuda do alumnado de 5º e 6º de educación primaria, que colaborou exitosamente na montaxe dos escornabots, a través de diferentes obradoiros realizados na biblioteca escolar.
Agora, xa dispoñemos dos escornabots montados e listos para funcionar, e os alumnos e alumnas de 5º e 6º xa están a traballar para poder darlle uso co resto do alumnado do centro.
Próximamente teredes máis noticias.
Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario