miércoles, 10 de junio de 2020

CREACIÓN DE MATERIAL

Propúxoselle ao alumnado de 5º e 6º a posibilidade de crear diferentes materiais para traballar cos escornabots, destinados ao alumnado de educación infantil. 

A idea principal era que eles mesmos, que xa dominaban o funcionamento destes robots, baixaran ás aulas de infantil para ensinarlles aos máis pequenos/as do centro este novo material. Pero primeiro, deberían crear diferentes materiais para facer un obradoiro co alumnado de infantil.

Algúns dos materiais preparados son os seguintes:






Con estas láminas, o alumnado de primaria realizou diferentes actividades co alumnado de infantil, utilizando os escornabots. 

OBRADOIRO DE MONTAXE DOS ESCORNABOTS

Ao sermos seleccionados no proxecto "Biblioteca creativa", a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dotou ao centro de varios "escornabots". Pero había unha cuestión, e é que estes escornabots estaban sen montar.

Por iso precisamos da axuda do alumnado de 5º e 6º de educación primaria, que colaborou exitosamente na montaxe dos escornabots, a través de diferentes obradoiros realizados na biblioteca escolar.


Agora, xa dispoñemos dos escornabots montados e listos para funcionar, e os alumnos e alumnas de 5º e 6º xa están a traballar para poder darlle uso co resto do alumnado do centro.

Próximamente teredes máis noticias.
Ata pronto!

BENVIDAS/OS A BIBLIOTECA CREATIVA

Este curso 2019/2020 o CEIP Juana de Vega foi seleccionado para participar no proxecto "Biblioteca creativa" convocado pola Consellería de Educación de Ordenación Universitaria, para os centros que forman parte do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Unha persoa do claustro coordinou este proxecto e asistiu a unha formación convocada o 25 de outubro de 2019 en Santiago de Compostela.

No centro, o claustro recibiu esta noticia con moita acollida e interés!
Neste blog iranse publicando todas as actividades realizadas en relación a este proxecto.
Esperamos que vos guste!